Corría o ano 1992 cando os Heredeiros da Crus conseguíron grabar o seu primeiro album " A Cuadrilla de Pepa a loba", non sen problemas pois coñécense duas versións deste traballo, a segunda -de BOA music-, a máis extendida, foi editada sen o polémico tema "Bisté de solomillo". O grupo compoñíano un grupo de 5 rapaces de Castiñeiras (Riveira -A Coruña): Tuchiño (guitarra e voz), Toñito de poi (guitarra rítmica e "corros"), O fillo da Necha -Jarfuxo- (voz), o Jran Fran Velo (baixo), e Beni (batería). Posteriormente Beni marcharia e deixaría paso a medin, que tamén tivo que deixalo grupo polo que o o actual batería é Marcos. Durante ese ano comezaron a facr o que mellor lles sae: directos por toda Galiza. Uns anos felices o 92 e 93, aínda que tiveron problemas co seu manager e tiveron que cambialo.
Xa con este novo manager graban o Cd "Está que te cajas", no ano 1995, na primeira canción de este album conseguiron a colaboración de Rosendo Mercado que estaba a grabar no mesmo estudio e accedeu amablemente. O productor deste album era xa Segundo Grandio -baixista de Siniestro Total. Este boísimo album xunto coas cancións que editaron para o Xabarin Club (Que jallo é!, Iscalle Lura e O porquiño) déronlle xa unha fama ao grupo a nivel galego.
O seu seguinta traballo foi "Criatura" un maxi-single de so 4 cancións. Non moito despois aparece "Des minutos" este disco tamén foi editado en duas tandas, na primeira delas sale unha canción cantada pola nai de antonio Ageitos (Toñito de Poi) titulada "Santo Dominjo", sen embargo non podo dicir se esto é completamento certo poisnon dispoño desa canción.
No ano 1999 graban outro boísimo traballo, Erecsiones Munisipales, máis depurado no referente á música e que presenta unha homoxeneidade temática, pois tódalas letras xiran entorno á historia de Virgilio Mendes, candidato á alcaldía.
No ano 2000 os Heredeiros pasan a ser o primeiro grupo de rock en galego que graba un directo, ALl right Chicago é un doble CD cos mellores éxitos do grupo grabados na festa da Dorna de Riveira, e producido novamente por Segundo Grandio.
No 2001 aparece "recambios Tucho" un cd non editado con versións de cancións épicas da historia da música, non autorizadas polos seus autores.
Durante xa dez anos os Heredeiros gañáronse unha merecida fama a nivel galego, e intentaron ir máis alá grabando versións de cancións en asturiano e buscando un merecido éxito a nivel español, non conseguido debido ás presións do imperio citado arriba. Sen embargo, e pese a isto, teñen actuado fora de Galicia e mesmo fóra de España en lugares coma Londres ou EE.UU.
Merecen a pena de verdade, se podedes escoitade algunha canción e sobre todo as letras porque non teñen desperdicio :D
Hai que mencionar que o que era o cantante de Heredeiros (Javi) é agora o cantante de Jabón Blue e outro dos compoñentes (Tonhito) formou A banda de Poi.
Espero que vos guste. ;)
Eniiiiiiid!! único grupo q subo y q conoceeeees jajajaja teq!
2 comentarios:
non quero nada de ti, non quero nada de ti...(8)
lalala
nuse como sigue
pero me la pones siempre en tu casa ^^
lo d crus me mata..xDD
demaas (L)
oaaaaaaaaa wapisssima
ke tal???
esta muy bien la ultima entra que pusiste
aunque no se quen son....jejejejeje
esta muy ben
bkñssssssssssssssssss
Publicar un comentario